castellano · valencià · euskera · galego
Bar · Tenda · Alimentos Artesanais· Tenda online · Actividades · Viaxa por Navarra · Ligazóns de interese · Visítanos

No noso bar, que abre de 8 da mañá a 8 da tarde-noite, ofrecemos almorzos, cafés, comidas, bocadillos e tapas de productos típicos de Navarra.

De mañá, a nosa barra está chea de mini-bocadillos moi variados, de tortilla de pataca, de txistorra, de atún con ovo duro e pemento do piquillo, de lingüiza, de sobrasada, de xamón e queixo, etc.. Ademais destes, tamén facemos bocadillos coma o chivito, brascada, xamón á catalana, lombo con queixo, etc..

De tapas, propomos cousas como a cazaraloa de txistorra, queixo Idiazabal, queixo Roncal, chourizo e salchichón de Viana...


Ao mediodía, todos os días ofrecemos a posibilidadade de viren xantar, pero recomendámoslles especialmente o xoves, día en que cociñamos o noso Bacallao á Vizcaína. Todos os xoves, desde hai varios anos, elaboramos este prato típico con enorme éxito entre os nosos clientes. Pode reservarse para levar ou para comer no noso local.

Outro prato moi importante para nós é a feixoada, prato tradicional na nosa terra, no que o feixón pinto se combina coa berza e as guindillas a gusto de cada quen. Recuperamos este prato cando remata o verán para ofrecelo os martes.

No referente ás bebidas, entre os nosos licores, á venda na tenda, destacan o patxarán, o licor de mora, o licor de mazá “basaka txagarko”, o de herbas... Todos eles artesána, co seu sabor orixinal.

E para acompañar a comida, a sidra natural Larraldea, do val do Baztán.


Video promocional de Turismo de Navarra:



C/ Duque de Calabria 17, 46005 Valencia
Telf.: 963223293
email: etxebe@etxebe.com